Festeo 2020: Festa dixital das asociacións de Teo
A realidade deste ano obrigou ó Concello de Teo a trasladar o FESTEO ao escenario dixital, feito está xustificado pola situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.
Así que outro ano máis, pero de xeito diferente, o Festeo recolle a actividade cultural das asociacións teenses e a Banda Cultural de Teo tamén participa nesta nova edición.
«O obxectivo principal do Festeo 2020 é poñer en valor as actividades culturais realizadas polas asociacións do noso municipio a través das redes e, ao mesmo tempo, manter a esperanza de retomar pouco a pouco cada unha destas actividades culturais cando superemos este escenario de crise. Con esta programación quixemos enfiar unha boa parte destas iniciativas nestes momentos de semiapertura e envialas como un aloumiño cultural tanto aos veciños e veciñas que están nas súas casas espectantes do que pouco a pouco vai sendo a realidade desta situación. Tamén quixemos tecer unha pequena homenaxe as asociacións colaboradoras que tanta cultura levan sementando na nosa terra«
A participación da Banda Cultural de Teo está programada para o vindeiro sábado 13 de Xuño. Neste link podedes acceder ó evento ou acadar máis información: Festeo 2020