Ata o vindeiro 11 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2023-2024 na nosa Escola de Música.
A solicitude de matrícula pódese facer a través da nosa páxina web, cubrindo un formulario que podes atopar no apartado adicado á escola.
Si necesitas ampliar información, tamén podes contactar con nos a través do teléfono 666 274 791, ou polo correo electrónico bandaculturaldeteo@yahoo.es
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Compartimos o video do espectáculo «UNHA NOITE DE FOLIADA» do pasado 30 de Abril de 2023 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, e que subimos este 17 de maio, conmemorando o Día das Letras Galegas.
«Unha noite de foliada» é un actuación moi especial para a nosa banda que terá lugar este 30 de abril na sala Angel Brage do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Varios días despois da nosa participación no V Certamen Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Benavente” xunto con outras 10 bandas de España e Portugal, por fin podemos compartir con tod@s vós a experiencia vivida e os resultados obtidos nesta competición, na que a Banda de Música Cultural de Teo acadou o 4º premio » Banda de Música Maestro Lupi ”, cun total de 186 puntos do xurado. Lamentablemente, non puidemos celebralo como é debido, pois por un desafortunado erro da organización, este 4º premio foi outorgado nun primeiro momento ós nosos amigos da Banda de Música de Arca. Quedamos sen a foto e sen o momento, pero co recoñecemento ó duro traballo dos últimos meses e á calidade musical da nosa Banda que, por sorte, non para de medrar.
Gustaríanos aproveitar para agradecer públicamente a tod@s e cada un dos músicos e músicas que participaron, pola súa implicación e bo facer. É moi gratificante ver como xeracións tan distintas de músicos se entenden tan ben e desfrutan xunt@s no escenario e fóra del. E como non, ás mamás e papás que carrexan @s máis pequen@s venres, sábados, domingos ou festivos, a seccionais e xerais, faga frío ou calor…. GRACIAS!
Por último, queremos felicitar ao noso director Fran Fernandez Perez, que merece este premio máis que ninguén. Foron meses dun traballo durísimo, preparando obras de extrema dificultade técnica e musical nun local con unhas condicións acústicas moi mellorables e atendendo e adaptándose a 80 persoas para sacar o mellor delas… e todo iso sen perder a paciencia! (case nunca ). MOITAS GRACIAS POLO TEU TRABALLO FRAN, ogallá sexa o primeiro de moitos éxitos baixo a túa batuta.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar sempre activadas para que poidamos gardar as súas preferencias de configuración de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias.Isto significa que cada vez que visites este sitio web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.