Javier González Borrajo
Perfil Profesional:
Natural de Agolada, Javier González Borrajo inicióu os seus estudos musicais na Escola de Música da súa vila, proseguindo a súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Lalín. Posteriormente, obtivo o título superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña, acadando as máis altas cualificacións na especialidade de trompa, o que lle valeu a súa selección para participar nos Premios da Excelencia Musical organizados pola Xunta de Galicia.
Experiencia como Instrumentista:
Ao longo da súa traxectoria, Javier González obtivo diversos recoñecementos, entre os que destaca o segundo premio no VIII Concurso de Xoves Intérpretes «Concello de Ortigueira». Ademais, foi membro de prestixiosas formacións musicais como:
Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia (EAEM)
Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia
JONDE (Xove Orquestra Nacional de España)
Foi seleccionado para estudar na Escola Superior de Música «Reina Sofía» de Madrid e completou un «Máster en Especialización Orquestral» na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia, baixo a tutela de Jordi Ortega.
Como músico profesional, colabora con diversas formacións de renome a nivel nacional, entre elas:
Real Filharmonía de Galicia
Orquestra Sinfónica de Galicia
Orquestra Sinfónica de Extremadura
Orquestra Sinfónica de Castela e León
Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA)
Banda Municipal de Bilbao
Banda Municipal da Coruña
Ademais, é membro fundador do quinteto de metais Hércules Brass.
Experiencia como Docente e Director:
No eido da docencia, desempeñou labores como mestre de trompa no Conservatorio Profesional de Música de Melide, no Conservatorio Profesional de Música de Lalín e en diversas escolas de música de Galicia.
Como director, liderou a Escola-Banda de Música de Antas de Ulla entre 2012 e 2022. Durante esta etapa, impulsou a creación da escola de música, acadando un alumnado de preto de 80 estudantes e logrando consolidar unha banda estable con arredor de 45 músicos.
Na actualidade, Javier González forma parte do corpo de mestres da Banda Municipal de Santiago de Compostela na especialidade de trompa, compaxinando esta actividade coa dirección da Banda de Música Cultural de Teo.