O pasado 19 de xullo a nosa banda tivo a fortuna de participar na 133 edición do Certame Internacional de Bandas de Música Cidade de Valencia, considerado un dos máis importantes do mundo.
Antes de
nada queremos e debemos agradecer aos socios e socias, ás entidades
colaboradoras, ao Concello de Teo, á Consellería de Cultura e Xuventude e
a todos os afeccionados por ternos axudado a levar a cabo proxectos
desta índole.
Como non debería ser de outra forma, temos que felicitar ao noso Mestre: Don Álvaro Varela Ferradáns, por todo o esforzo e dedicación durante todo o tempo de preparación para o concerto do pasado día 19 de xullo, ao igual que os maravillosos anos que levamos baixo a súa batuta, cheos de alegría e mellora tanto grupal coma persoal. De verdade nunca teremos palabras suficientes para agradecerlle todo este traballo máis que reflexado no nivel da nosa banda. GRACIAS.
Porsuposto non nos esquecemos de felicitar aos nosos músicos polo
espectacular concerto que fixeron en dito certame. Tamén agradecerlles o
traballo duro e intenso a nivel de ensaios, concertos e estudo persoal
que levaron a cabo neste último ano, privándose de moitísimas cousas
para poder facer un concerto nas mellores condicións. Moitísimas gracias
e noraboa! Porque o conseguistes!
Por último pero non menos importante…
Mamás e Papás sen o voso apoio esta agrupación non sería o mesmo.
Gracias por introducir aos vosos fillos no mundo da música, gracias por
levalos aos ensaios cada venres á noite, por levalos a tocar, por
axudarnos a recoller, por facer moitas veces o imposible para que os
vosos fillos e fillas poidan asistir á súa cita coa banda. GRACIAS!
MOITAS GRACIAS!
Atentamente: A Directiva da Banda de Música Cultural de Teo.
Álbum de fotos …
Leer más