A Cultural de Teo gaña o XI Certame Galego de Bandas de Música

A Banda de Música de Teo, gañou a primeira sección -de máis de 70 músicos- da undécima edición do Concurso de Bandas de Música de Galicia, que se celebrou este fin de semana no Auditorio de Galicia.

O Xurado, composto polo compositor británico Laurence Roman, o músico, compositor e director valenciano Ferrer Ferran e o compositor galego Juan Durán, acordou conceder este premio á nosa banda tras valorar positivamente a técnica, planos sonoros, ensamblaxe, calidade sonora, afinación, dinámicas, articulación, musicalidade e interpretación xeral das obras presentadas. «Pasodobre Pusiano», de Simón Couceiro, «O Nubeiro», de Esteban Zapata, «Estrasántico», de Simón Couceiro.

Parabéns!!!