Escola de música 2021-2022

Ata o vindeiro 10 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2021-2022 na nosa Escola de Música. A solicitude de matrícula pódese facer a través da nosa páxina web, cubrindo un formulario que podes atopar no apartado adicado á escola.
Si necesitas ampliar información, tamén podes contactar con nos a través do teléfono 666 274 791, ou polo correo electrónico bandaculturaldeteo@yahoo.es
https://www.bandaculturaldeteo.com/escola/

Leer más

O País das Bandas

Un total de 77 bandas de música popular galegas ofrecerán preto dun centenar de concertos durante os meses de xullo, agosto e setembro no marco do programa «O país das bandas» promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música na ocasión do Xacobeo 2021/22. A programación comezou o pasado día 1 de xullo, e a partir de aí, están programadas 93 actuacións en 80 concellos coa participación de máis de 3.600 músicos.

A quenda da Banda de Música Cultural de Teo será este domingo 11 de xullo cunha actuación en Silleda (Pontevedra) ás 20:00 horas, nun evento no que estaramos acompañados pola Banda Municipal de Silleda.

Leer más