4º PREMIO CERTAME DE BANDAS CIUDAD DE BENAVENTE
Varios días despois da nosa participación no V Certamen Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Benavente” xunto con outras 10 bandas de España e Portugal, por fin podemos compartir con tod@s vós a experiencia vivida e os resultados obtidos nesta competición, na que a Banda de Música Cultural de Teo acadou o 4º premio » Banda de Música Maestro Lupi ”, cun total de 186 puntos do xurado. Lamentablemente, non puidemos celebralo como é debido, pois por un desafortunado erro da organización, este 4º premio foi outorgado nun primeiro momento ós nosos amigos da Banda de Música de Arca. Quedamos sen a foto e sen o momento, pero co recoñecemento ó duro traballo dos últimos meses e á calidade musical da nosa Banda que, por sorte, non para de medrar.
Gustaríanos aproveitar para agradecer públicamente a tod@s e cada un dos músicos e músicas que participaron, pola súa implicación e bo facer. É moi gratificante ver como xeracións tan distintas de músicos se entenden tan ben e desfrutan xunt@s no escenario e fóra del. E como non, ás mamás e papás que carrexan @s máis pequen@s venres, sábados, domingos ou festivos, a seccionais e xerais, faga frío ou calor…. GRACIAS!
Por último, queremos felicitar ao noso director Fran Fernandez Perez, que merece este premio máis que ninguén. Foron meses dun traballo durísimo, preparando obras de extrema dificultade técnica e musical nun local con unhas condicións acústicas moi mellorables e atendendo e adaptándose a 80 persoas para sacar o mellor delas… e todo iso sen perder a paciencia! (case nunca ). MOITAS GRACIAS POLO TEU TRABALLO FRAN, ogallá sexa o primeiro de moitos éxitos baixo a túa batuta.