Escola de música CURSO 26-27

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2026-2027!!
Non importa se comezas dende cero ou se xa tes experiencia: na nosa banda vas aprender, facer amigos e vivir a experiencia única de facer soar a música todos a un tempo.📝 Como podes inscribirte?

É moi sinxelo:

  • 📅 Data límite: Tes ata o venres 11 de setembro.
  • 💻 Onde: Entra na sección da Escola na nosa páxina web e cubre o formulario online. Conéctate e listo!

Necesitas máis información? Pasa pola nosa web ou escríbenos para calquera dúbida sobre os instrumentos, horarios ou clases. ¡Estamos para axudarche!

Escolle o teu instrumento, sopla forte e fai tremer o escenario! Esperámoste! 🎷🎺🥁✨

Leer más

Abrimos o prazo de inscrición para a 13ª edición do noso campamento musical! 🌞🎺

📅 Datas do campamento: 21, 22, 23, 24 e 25 de xuño

📍 Lugar: Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo)🎼

Dirixido a alumnado de instrumentos de vento, violonchelo e percusión.Durante estes días gozaremos de ensaios musicais, xogos e actividades de lecer, actividades deportivas, natureza, praia e moita diversión.Non perdas esta oportunidade de vivir a música e o verán ao máximo! 🎶☀️

Apúntate en: https://www.bandaculturaldeteo.com/escola

Teléfono: 666 274 791

Leer más

HISPANIA

Coa chegada da primavera traémosvos o noso primeiro concerto do ano 😍🎶🎵🎶

Con ‘HISPANIA’ faremos un percorrido pola música hispano ibérica e para iso contaremos tamén coa colaboración de +QDanza 💃, a asociación A Ponte Vella 🎶🎵 e … algunha que outra sorpresiña mais 🙈

Gardade a data 📝📅 porque unha vez mais, prometemos SORPRENDER! 🙈

ESPERÁMOSVOS‼️💪

Leer más

Rede Cultural 2026

Aberto o prazo para contratar á Banda de Música Cultural de Teo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ata o 20 de marzo.

Se estás preparando as festas ou actividades culturais do teu concello ou asociación, estaremos encantados de formar parte da programación.

Datos de contratación na plataforma:
Obra: Actuación da banda de música Cultural de Teo
Entidade: Asociación Banda de Música Cultural de Teo

📞 666 274 791
📧 bandaculturaldeteo@yahoo.es

Antes de realizar a contratación é necesario contactar previamente con nós.

Signature: 0KIWXkLtleo0Ps0l4Fdz7NGIjus4q8Av6hkVIJjfXDMFchNsd3ae4Z2muCT8EU2SZsQqfLVS0WGdZLUEUozqR92btqm+iMoz0R5hNAkqZcJsRP+aSNHhS64JfpZmysi9cY6x2pWGhh9fM7HKmStfs7GYcIBLUAQbLFvC37THJ7cSLbZ3ah/yfkHTzT6rF+HmaDbTTeIZsVWJC27IemSeZ6AH2238z6zfB1WhBfPECyFxcGO4hdOux95W5ckCayWRvVbGCE4b9KXKUjlONx6YsYBcsYi2tiwTyeQRgGb86OI=
Leer más

ESCOLA DE MÚSICA CURSO 25-26

Ata o 12 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso 2025-2026 na nosa Escola de Música.

A solicitude de matrícula pódese facer a través da nosa páxina web, enchendo o formulario que podes atopar no apartado adicado á escola.

Se precisas ampliar información, tamén podes contactar con nos a través do teléfono 666 274 791, ou polo correo electrónico bandaculturaldeteo@yahoo.es

https://www.bandaculturaldeteo.com/escola/

Leer más