Novas
Escola de música, curso 2020-2021
Ata o vindeiro 21 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2020-2021 na nosa Escola de Música. A solicitude de matrícula pódese facer a través da nosa páxina web, cubrindo un formulario que podes atopar no apartado adicado á escola.
Si necesitas ampliar información, tamén podes contactar con nos a través do teléfono 666 274 791, ou polo correo electrónico bandaculturaldeteo@yahoo.es
https://www.bandaculturaldeteo.com/escola/


Concerto – Despedida
Este 30 de novembro despedimos ó noso director Álvaro Varela Ferradáns, ofrecendo un concerto na Igrexa Nova do Milladoiro donde interpretaremos algúns dos temas máis emblemáticos de toda a súa traxectoria ca nosa Banda.

Gracias!!!…
Leer másOrquestra o teu talento

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa o encontro sectorial “Orquestra o teu talento”, unha masterclass de dúas horas e media de duración na que, a través da música, se transmitan aos mozos e mozas os valores e actitudes para o desenvolvemento do seu talento. Ao tempo será un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da música.
Máis información na web de Xuventude.net:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17805-encontro-sectorial-no-espazo-xove-de-vilagarcia-de-arousa-orquestra-o-teu-talento
…
Leer más