Historia

 

Nace esta asociación no ano 1989 da man de D. Gervasio Salgueiro Estévez. O cal forma no solfexo e na técnica instrumental a 19 rapaces de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, que pasarán a denominarse “Banda de Música Cultural de Teo”. Que fan a súa presentación o día 28 de Marzo do 1989 na Compostelán Praza do Obradoiro.

En 1991, en Xaneiro, grava por primeira vez para a Radio Galega, e en Xuño desprazase a Mollet del Valles, onde realiza varios concertos para o Centro Galego. Esta viaxe que repetirase en 1995.

En Agosto de 1995 a batuta de esta entidade cambia de mans, pasando a estar dirixida por D. Manuel Abelleira, que ocupará o posto durate tres anos.

En Outubro de 1998 faise cargo da dirección da banda, e das clases da escola de música un xove músico portugués, D. Lourenço da Siva Cruz. No ano 2000 a “Banda de Música Cultural de Teo” realiza varias colaboracións coa TVG e coa TVE-GALICIA. Neste mesmo ano, o 5 de Novembro, ten lugar a primeira edición do “Festival de Bandas de Música de Santa Mª de Teo”.

No mes de Decembro de 2001 faise cargo da dirección da banda e da escola de música D. Xosé Varela Pardo.

bandadeteo2

En Novembro de 2005, D. Miguel Rodríguez Barrio é presentado como director, e baixo a súa dirección se grava en 2006 o primeiro traballo discográfico da agrupación, “Ó xeito do corpo”. No ano 2007 a Banda Cultural de Teo participa nos actos na Honra do patrono de Galicia organizados polo Centro Galego de Santander. E en Novembro de este mesmo ano acada o 3º premio na 2º sección no “I Certame de bandas de Galicia “.

En Decembro de este mesmo ano 2007 é D.Álvaro Varela Ferradáns o que se fai cargo da dirección da formación. En 2008 participa de novo no “Certame de Bandas de Galicia”, e en 2010 no XI Certamen Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” (Aranda de Duero). No ano 2011 presentase unha vez máis ao “V Certame de Bandas de Galicia”, acadando o 3º premio.

No ano 2012 grava e presenta o seu segundo traballo discográfico, “Por vós.. para todos”, adicado aos dous primeiros directores da Banda, Grevasio Salgueiro e Manuel Abelleira e ao periodista Nicolás Camino. Organizase o 1º campamento de verán, e ademais volve a participar no “VI Certame de Bandas de Galicia”, onde acada o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega.

viiicertamegalego2

No ano 2014 a banda acada o 1º posto na sección primeira do VIII Certame Galego de Bandas de Música, evento que tivo lugar no Auditorio de Música de Santiago de Compostela, logrando asi un gran recoñecemento no ano do seu 25 aniversario.

viiicertamegalego

O 31 de Xullo de 2016, na praza de toros de Toro (Zamora), a Banda Cultural gaña o III Certame Internacional Armónico de Bandas de Música, conseguindo o primeiro posto tras acadar 510 puntos, no que se convirte no maior recoñecemento otorgado á Banda en toda a sua historia.

iiitoro

No mes de Xullo de 2019 obtén un gran recoñecemento ó ser seleccionada para participar na 133 edición do Certame Internacional de Bandas de Música «Ciutat de Valencia», un dos máis importantes do mundo, coa presenza de bandas de música dos 5 continentes.

No mes de decembro de 2019, D. Francisco Fernández Pérez é presentado como o novo director da banda.

No mes de Xullo de 2022 a Banda Cultural de Teo participa no V CIBM Ciudad de Benavente, xunto con outras 12 bandas de música de toda a xeografía española e portuguesa, obtendo un moi merecido 4º posto que lle foi recoñecido co premio «Banda de Música Maestro Lupi«.  V CIBM Ciudad de Benavente