Orquestra o teu talento

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa o encontro sectorial “Orquestra o teu talento”, unha masterclass de dúas horas e media de duración na que, a través da música, se transmitan aos mozos e mozas os valores e actitudes para o desenvolvemento do seu talento. Ao tempo será un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da música.

Máis información na web de Xuventude.net:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17805-encontro-sectorial-no-espazo-xove-de-vilagarcia-de-arousa-orquestra-o-teu-talento

Leer más

30º aniversario do Auditorio de Galicia

Este domingo 27 de outubro, a partir das 18:00h, actuamos no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, con motivo da celebración do seu 30 cumpreanos.

Compartimos un serán musical ca Banda Municipal de Santiago, a Banda Municipal de Padrón e a Banda de Santa Cruz de Ribadulla.

O evento será presentado por Xurxo Souto

Este é o programa do evento:

A entrada é de balde ata completar aforo.

Estedes todos convidados!!…

Leer más

Escola de música, curso 2019-2020

Aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2019-2020!

Ata o vindeiro 16 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2019-2020na nosa Escola de Música. A solicitude de matrícula pódese facer a través da nosa páxina web, cubrindo un formulario que podes atopar no apartado adicado á escola. Si necesitas ampliar información, tamén podes contactar con nos a través do teléfono 666 274 791, ou polo correo electrónico bandaculturaldeteo@yahoo.es

O formulario da solicitude de matrícula pódelo atopar no apartado Escola de música

Leer más

CIBM CIUTAT DE VALENCIA 2019

O pasado 19 de xullo a nosa banda tivo a fortuna de participar na 133 edición do Certame Internacional de Bandas de Música Cidade de Valencia, considerado un dos máis importantes do mundo.

Antes de nada queremos e debemos agradecer aos socios e socias, ás entidades colaboradoras, ao Concello de Teo, á Consellería de Cultura e Xuventude e a todos os afeccionados por ternos axudado a levar a cabo proxectos desta índole.

Como non debería ser de outra forma, temos que felicitar ao noso Mestre: Don Álvaro Varela Ferradáns, por todo o esforzo e dedicación durante todo o tempo de preparación para o concerto do pasado día 19 de xullo, ao igual que os maravillosos anos que levamos baixo a súa batuta, cheos de alegría e mellora tanto grupal coma persoal. De verdade nunca teremos palabras suficientes para agradecerlle todo este traballo máis que reflexado no nivel da nosa banda. GRACIAS.

Porsuposto non nos esquecemos de felicitar aos nosos músicos polo espectacular concerto que fixeron en dito certame. Tamén agradecerlles o traballo duro e intenso a nivel de ensaios, concertos e estudo persoal que levaron a cabo neste último ano, privándose de moitísimas cousas para poder facer un concerto nas mellores condicións. Moitísimas gracias e noraboa! Porque o conseguistes!

Por último pero non menos importante…
Mamás e Papás sen o voso apoio esta agrupación non sería o mesmo.
Gracias por introducir aos vosos fillos no mundo da música, gracias por levalos aos ensaios cada venres á noite, por levalos a tocar, por axudarnos a recoller, por facer moitas veces o imposible para que os vosos fillos e fillas poidan asistir á súa cita coa banda. GRACIAS! MOITAS GRACIAS!

Atentamente: A Directiva da Banda de Música Cultural de Teo.

Álbum de fotos

Leer más