XIX Festival de Bandas de Teo

O vindeiro 14 de Abril, no Auditorio Constante Liste, terá lugar a XIX edición do Festival de Bandas de Teo.
Este ano participan con nos os nosos amigos da Banda Escola de Música de Rianxo.
Será unha tarde de domingo moi musical á que non podedes faltar!!
O concerto dará comenzo ás 17:30h. e a entrada é de balde.
Velaí o cartel

Leer más

Rede Cultural da Deputación da Coruña 2019

Este 27 de Febreiro abre o prazo para contratar a actuación da Banda Cultural de Teo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña:

  • Segunda Fase 2019: solicitude de espectáculos:
    • Inicio: 27 de febreiro de 2019, ás 00.00 horas
    • Fin: 13 de marzo de 2019, ás 14.00 horas
  • O noso código para contratar o espectáculo é: BM/11 Banda de Música Cultural de Teo

Para máis información:

Leer más

Cantares Acordados

Este é o ilusionante proxecto no que levamos traballando un tempo. Xuntánomos ca Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, co seu Orfeón Traidicional e os grupos de acompañamento en baile para crear o espectáculo CANTARES ACORDADOS.

A presentación será o vindeiro 9 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Non o podes perder!!!…

Leer más

Curso 2018-2019

Aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2018-2019!

Ata o vindeiro 30 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2018-2019 na nosa Escola de Música. A solicitude de matrícula pódese facer a través da nosa páxina web, cubrindo un formulario que podes atopar no apartado adicado á escola. Si necesitas ampliar información, tamén podes contactar con nos a través do teléfono 666 274 791, ou polo correo electrónico bandaculturaldeteo@yahoo.es

O formulario da solicitude de matrícula pódelo atopar no apartado Escola de música

Leer más